TODOS AÍNDA AQUÍ (Liadan Ní Chuinn)
19,50 €
Os seis contos de Todos aínda aquí transcorren baixo a sombra da violencia política no norte de Irlanda e exploran as formas en que o pasado histórico continúa poboando o presente íntimo dos seus inesquecibles e singularísimos personaxes. O eco dos medos herdados, dos silencios familiares e das identidades en disputa resoa en cada unha das historias de Liadan Ní Chuinn, quen, cunha prosa austera, exacta e chea de personalidade, é capaz de compoñer unha obra delicada e feroz ao mesmo tempo, onde o persoal e o político se entrelazan de xeito brillante. Un debut literario extraordinario que, segundo The Irish Times, “debe ser considerado un dos grandes fitos da literatura irlandesa do século XXI”.

Partilhar