RASTROS (Carlos Lixó)

18,00 €

Partilhar

En "Rastros", Carlos Lixó percorre milenios e xeografías para construír unha arqueoloxía imaxinaria do desexo. Convértese nun falso editor de documentos —cartas feudais, actas inquisitoriais, crónicas de conquista, lendas, diarios contemporáneos—, percorridos por un mesmo fío invisible: a violencia normativa sobre os corpos desviados e a maneira en que a historia os ordena e os castiga. Cada un dos relatos que compoñen este libro é unha peza autónoma e ao mesmo tempo unha cámara dun único arquivo imposible e asombroso. Cunha prosa afiada e brillante, sen concesións nin solemnidade, o autor propón un xogo serio no seu extraordinario debut na narrativa: volver ler o que sempre estivo escrito para procurar aquilo que preferimos non ver.