PATRULLA ESPECTACULAR (Marga Varela e Ramón L. Ríos)

13,50 €

Partilhar

Olivia e Denís son veciños, mellores amigos, e tamén forman xuntos un comando supersecreto e superespecial de superdetectives moi motivados: a Patrulla Espectacular. 

No edificio onde viven están pasando cousas moi raras. De cando en vez óese un berro estarrecedor que pide socorro. Unha señora moi pesada, un pai pouco colaborador e un veciño sospeitoso son algúns dos ingredientes da súa primeira aventura. Serán capaces de resolver o misterio?