OS ANTROPÓLOGOS (Ayşegül Savaş)

19,50 €

Partilhar

Asya e Manu viven xuntos nunha gran cidade dun país que non é o seu. A súa vida é sinxela e alegre. Ela recibiu unha bolsa para rodar un documental e el traballa nunha organización internacional sen ánimo de lucro. Un día, porén, a Asya éntralle un medo repentino. E se chegou a hora de asentaren dunha vez as súas vidas? Logo de trasladarlle o seu medo a Manu, deciden buscar un piso para mercar.


Os Antropólogos é unha novela encantadora sobre a pasaxe á vida adulta; sobre o amor, a amizade e a familia; sobre a identidade persoal e colectiva, sobre o cosmopolitismo e o desarraigo; sobre a felicidade real e a felicidade finxida, sobre a presión de ter que decidir e non poder abranguelo todo… Unha novela, en definitiva, sobre a vida moderna a través da ollada curiosa e exhaustiva dunha parella de “antropólogos urbanos” que observa o mundo cun humor lúcido, tenro e intelixente.