HORAS AZUIS (Bruna Dantas Lobato)

19,50 €

Partilhar

Unha moza brasileira sepárase por primeira vez da súa nai para ir estudar literatura aos Estados Unidos. As dúas mulleres, unha na cidade de Natal e outra no dormitorio dun frío campus de Vermont, conversan día tras día a través do Skype. Iluminadas polo brillo azul das súas pantallas, procuran o xeito de seguirse acompañando a pesar de estar tan lonxe e constrúen novos rituais de intimidade e coidado. A nai pregúntalle á filla que novidades ten, como é a vida onde ela está. Sospeita que talvez nunca regrese ao apartamento onde sempre viviron xuntas. E a filla fala e escribe a diario nunha lingua que a nai non entende, ve nevar por primeira vez, fai amizade con outras estudantes estranxeiras, preocúpase pola fráxil saúde da nai, polo diñeiro, polo futuro e pola nova versión de si mesma que xorde nese novo lugar que trata de facer seu.