HISTORIAS DE FANTASMAS (Siri Hustvedt)
21,00 €
Tradución de Carlos Meixide
324 páx
Tras a morte do seu home, despois de corenta e tres anos de vida en común, a escritora Siri Hustvedt escribe desde o centro do desconcerto. O tempo compartido co tamén escritor Paul Auster deixou un rastro de rutinas, palabras e xestos na súa casa de Brooklyn, onde permanecen as cadeiras verdes en que ambos sentaban a ler os libros do outro. Todas esas cousas forman parte de Historias de fantasmas, que convoca as rutinas, algunhas correntes, outras insólitas, dunha vida dedicada á escrita.
Neste libro encantador e estrañamente luminoso, que inclúe os últimos textos que Paul Auster escribiu ao final da súa vida —unha serie de cartas para o seu neto Miles—, unha escritora en estado de graza, lúcida e conmovedora, fala do dó, por suposto, pero sobre todo fala do que se asenta sobre el: a linguaxe compartida do amor de longa duración, a forma en que dúas persoas poden chegar a converterse na mesma persoa se viven xuntas o tempo suficiente.

Partilhar