CASA MUSEO (Afra Torrado)

22,50 €

Partilhar

Benvides á CASA MUSEO de Afra Torrado! Un edificio senlleiro integramente construído en homenaxe á afamada autora de "Fago o que podo". A colección permanente deste inclasificable lugar acolle numerosos exemplos dos variados temas e asuntos que conforman o seu repertorio habitual: queixarse do traballo, falar coas voces da súa cabeza e buscar o propio lugar no mundo de hoxe. Atoparedes aquí personaxes inesquecibles (gatiños mutantes, vampiras veganas, poetas galegas, zombis gais) e outros que desexaredes esquecer axiña (axentes da lei e da orde, editores desesperados, profesorado de secundaria). O sentido do humor lúcido e instransferible de Afra Torrado estará sempre convosco durante a visita. Non está permitido o acceso con comida e/ou bebida. Descontos para extraterrestres. Coa colaboración especial de Señora Barbuda e Tony Luna. Entrada non reembolsable.