A TERCEIRA LUZ (Claire Keegan)
18,00 €
Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nena irá descubrindo que hai outras formas de estar no mundo, de ocupar o tempo, de coidar e de ser coidada. Cada cousa que observa contén unha pequena revelación: o ritmo dos traballos do campo, o cheiro das cociñas limpas, os costumes e as tensións da vida en comunidade, os segredos que se deben gardar e os que non, e tamén o mar, que está tan cerca e é tan grande e misterioso.
Claire Keegan ofrece en "A terceira luz" unha das súas obras máis intensas e depuradas: unha novela breve e profundamente comovedora que explora con extraordinaria precisión a infancia como territorio de percepción radical e a idea de fogar.

Partilhar